InicioCulturaUnha nova forma de ver os Camiños de Santiago en Mondoñedo

Unha nova forma de ver os Camiños de Santiago en Mondoñedo

A exposición 'Os Camiños de Carlos Casares' recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares.

Publicada o

- Advertisement -
A Fundación Carlos Casares, dentro do marco de actividades desenvolvidas no programa O teu Xacobeo, inaugurou a exposición “OS CAMIÑOS DE CARLOS CASARES” que recolle 40 fotografías de Xurxo Lobato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago e, de modo máis amplo, sobre a experiencia da viaxe.
As citas e textos informativos poderán seguirse en castelán e inglés, ademais de en galego, mediante un código QR. Do mesmo xeito o visitante terá a posibilidade de acceder ao audio da reprodución automática de textos e descargar o folleto e o cartel oficial da exposición no sitio web da mostra.

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este sábado na inauguración da exposición e puxo en valor o importante traballo que o fotoxornalista Xurxo Lobato desenvolveu para producir esta mostra, que recolle 40 fotografías inspiradas nos textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...