Os maiores da Mariña tamén celebran o día das Letras Galegas

Os usuarios dos centros de maiores da Deputación, entre eles os de Ribadeo, recitaron poemas de Xela Arias e compuxeron os seus propios textos ao longo de toda esta semana.

Usuarios dunha residencia de maiores celebrando o Día das Letras Galegas / rede de centros da Deputación de Lugo

O Día das Letras Galegas tamén se celebra na rede de Centros de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo  con actividades nas cinco residencias provinciais. Os usuarios e usuarias participaron nun conxunto de actividades que lles permitiron afondar e reflexionar sobre a figura de Xela Arias, a autora homenaxeada neste 17 de maio.

Os CAM de Ribadeo, Trabada, A Fonsagrada, Pol e Castroverde recitaron poemas, escribiron as súas propias composicións, gravaron vídeos e realizaron caricaturas coa cara da autora.

Ao longo de toda a semana os residentes prepararon retos para propoñerlle aos seus homólogos que viven noutros centros da rede provincial. Uns retos que tiveron que superar e que unha vez feitos e enviados aos centros retadores, lles permitían conseguir un anaco do cartel do Día das Letras Galegas que debían debuxar e colorear para colgar na residencia. Os retos consistían en cantar, bailar, practicar deportes, gravar vídeos e demostrar o seu enxeño. Ao final da semana, todos superaron os retos e lograron completar o cartel.

Estas actividades enmárcanse no calendario de actividades que, anualmente, se celebran nos centros provinciais e que permiten “ademais de manter o ánimo dos usuarios e usuarias, é un bo xeito de que exerciten a súa memoria, a capacidade de atención e a creatividade. Estas iniciativas propician o traballo en grupo e o sentimento de comunidade, xa que todos traballan como unha rede”, recoñece o Presidente da Deputación, José Tomé Roca.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here