InicioCentralAlfozComo coñecer a Mariña a través duns auriculares

Como coñecer a Mariña a través duns auriculares

Presentadas varias audioguís turísticas que contan con intervención de recursos documentais, literarios, mapas sonoros, músicas ou entrevistas.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña xa conta cun novo recurso turístico. Trátase de audioguías ficcionadas que se presentaron este sábado e que axudarán a mellorar a experiencia turística dos visitantes en varios concellos da comarca mariñana. Relatos dramatizados para conseguir un paseo con intervención de recursos documentais, literarios, mapas sonoros, músicas ou entrevistas cun enfoque diferenciado que busca a implicación emocional do visitante para ofertar unha experiencia única nos concellos de Viveiro, Ribadeo, Mondoñedo, Lourenzá e Alfoz.

As diferentes historias sonoras que se presentaron este sábado en Lourenzá duran menos de 50 minutos, están interpretadas polo grupo de teatro Chévere e serven para transmitir o patrimonio e a idiosincrasia dos municipios mariñanos. Poden desfrutarse de xeito individual, en parella ou en grupo. Están dispoñibles en galego, castelán, inglés e francés, e poden reproducirse ou descargarse gratuitamente nos dispositivos móbiles, MP3 ou MP4 desde a páxina web da Mancomunidade mariñana:amarinalucense.gal

Para gozar da experiencia ao máximo, os creadores recomendan auriculares illantes, que aproveitan mellor o son envolvente. Desde este sábado, as oficinas de turismo locais -situadas sempre próximas ao lugar de inicio da ruta- terán dispoñibles este tipo de cascos, que se poderán alugar coa audioguía a un prezo de 2€. Agás en Viveiro, os nenos e nenas de menos de 12 anos terán acceso a esta experiencia gratis.

Na presentación estiveron a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, participou esta mañá na presentación deste proxecto, xunto a Francisco Cajoto, presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense e Alcalde de Foz; Rocío López García, Alcaldesa de Lourenzá; Jorge Val Díaz, Alcalde de Alfoz; Paloma Vázquez Fernández, xefa de área provincial de Turismo de Galicia; e Xesús Ron, director do proxecto.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...