A pandemia non freará unha 8ª edición do Festival Bal y Gay con numerosos grupos de España

O Cuarteto Casals actuará na sexta edición do Festival Bal y Gay en Foz. CUARTETO CASALS

O cuarteto Seikilos inaugurará o vindeiro 18 de agosto, no Pazo do Conde de Fontao de Foz, a 8ª edición do festival Bal y Gay con obras de Turina, Ravel, del Campo y Gómez. Será a edición máis nacional deste festival que mantén o seu concepto orixinal a pesar das restricións provocadas pola pandemia.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes en Foz na presentación da programación deste festival, co que a institución provincial colabora cunha achega económica de 12.000€.  “Polas súas características e pola súa itinerancia por distintos concellos, este festival ten capacidade para atraer un turismo cultural que está plenamente integrado no modelo que impulsamos dende a Deputación”, dixo.

“Nestes 8 anos de andaina, co bo facer dos organizadores, este festival converteuse nun referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugar destacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura”, engadiu sobre un evento que se celebrará do 18 ao 26 de agosto nos concellos de Foz, Ribadeo, Burela, Barreiros, Lourenzá, Cervo e Mondoñedo.

PROGRAMACIÓN

O 19, na Igrexa de Santiago do concello focense, Cantoría interpretará obras de Monteverdi. As melodías de Beethoven, Chopin, Granados o Listz soarán no auditorio Hernán Naval de Ribadeo o 20 de agosto a cargo de Javier Perianes. El Amor de Brujo de Falla levará a música de cámara ao auditorio de Burela o 21 de agosto da man de Jaume Santonja e María Toledo. A Finca Goleta de Foz será o escenario para desfrutar de Puro Gershwin o 22 de agosto. Obras de Holborne, Bach, Verdi, Puccini, Turina e Bizet soarán en Barreiros e Vilanova de Lourenzá o 22 e 23 de agosto, respectivamente, da man de Hércules Brass. O 24 de agosto, na fábrica de Sargadelos en Cervo, Pablo Sáinz-Villegas achegará os ritmos de Albéniz, Granados, Bal y Gay e Tárrega. Mozart, Saalim e Shostakovich á Basílica de San Martiño de Foz o 25 de agosto gracias ao cuarteto Casals. A Orquestra Sinfónica de Galicia con Dima Slobodeniouk pechará esta oitava edición cun concerto no que interpretarán obras de Bach, Turina e Adams o día 26 de agosto na Catedral de Mondoñedo.

 CONCERTOS FAMILIARES

 O programa musical de Bal y Gay tamén contempla tres concertos familiares os días 20, 21 e 22 de agosto en San Cibrao, Ribadeo e Mondoñedo. O ciclo de conferencias Hojas de álbum con invitados de renome da cultura celebrarase en formato online e tamén se levarán a cabo obradoiros de Recuerdos Musicales os días 17, 19 e 21 de agosto nos Centros de Atención a Maiores en Trabada e Ribadeo. Os horarios e programa completo pódese consultar en www.festivalbalygay.com

 

 

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here