O Resurrection Fest volve en agosto, pero en tamaño reducido

O metal volverá a soar en Viviero nunha pequena edición que se celebrará do 26 ao 28 deste mes.

Concerto de Within Temptation na pasada edición do Resu. RESURRECTION FEST

Logo de dous anos de espera o metal voverá a soar en Viveiro gracias a unha pequena edición do Resurrection Fest, chamada Limited, que será de aforo “moi reducido”.

O Xacobeo 2021-22, a Deputación de Lugo e Concello de Viveiro decidiron colaborar para organizar o pequeno festival. Deste modo, “este evento servirá como estímulo para a economía local, sendo un reforzo moi necesario para Viveiro e a súa xente”, indican nun comunicado.

Os días elixidos para o concerto serán do 26 ao 28 de agosto no Campo de fútbol de Celeiro e con todas as medidas de seguridade e prevención actuais e “sempre seguindo a situación epidemiolóxica na que nos encontremos nese momento”. No concerto o público terá que estar sentado, con distancia social, aforo reducido e emprego das máscaras.

O festival xa anunciou o cartel no que “teremos grandes artistas internacionais e, ademais, bandas nacionais e galegas”. Os abonos de 3 días poderán comprarse a partir deste venres 6 de agosto. Ademais, para quen non poida asistir, tamén se realizará un Resurrection Fest Online do que a organización dará os detalles proximamente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here