InicioCulturaMilladoiro alumará coa súa música a noite deste sábado en Cervo

Milladoiro alumará coa súa música a noite deste sábado en Cervo

A banda referente do folk galego achegará a súa música dentro do ciclo de concertos do Xacobeo 2021-2022.

Publicada o

O gran referente do folk galego, Milladoiro, estará este sábado 28 de agosto en Cervo. Será ás nove da noite cun concerto que se celebrará diante das instalacións da Fábrica de Sargadelos.
Este concerto está programado dentro do conxunto de actuacións previstas na programación do Xacobeo 2021/2022 da Xunta de Galicia.
As entradas serán de balde aínda que haberá que facer reserva no enderezo electrónico: entradas@concellodecervo.com ou no teléfono 982 59 51 57. A este número poderá chamarse de luns a venres entre as 09:00 e as 15:00.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...