O VIII Festival Bal y Gay finalizou o xoves a súa actividade concertística deste ano 2021 cunha actuación da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) na Catedral de Mondoñedo.
En total, máis de 2.000 persoas acudiron aos concertos programados durante a última semana, con todas as entradas vendidas. A directora do evento, Alba Rodríguez, destacou que “o balance desta edición de 2021 é moi positivo pola gran acollida do público e dos artistas, que mostraron a súa gratitude e percibiron a filosofía do festival durante a súa estancia aquí”.
“Foi o ano da música española e o talento nacional con grandes artistas de prestixio internacional como Javier Perianes, Pablo Sáinz-Villegas, o Cuarteto Casals ou a Orquestra Sinfónica de Galicia”, sinalou. Así mesmo, o Festival Bal y Gay avanzou as liñas mestras dos seus dous proxectos socioeducativos para o curso 2021-22: ‘Operiña nas escolas’ e ‘Sinfónico non rural’.
Ambos verán a luz en setembro ‘co propósito de que a música clásica siga enchendo todos os recunchos da Mariña’, avanzou a directora do festival.