InicioCulturaAdolfo Caamaño gaña o primeiro premio de novela Vilar Ponte con 'Matar...

Adolfo Caamaño gaña o primeiro premio de novela Vilar Ponte con ‘Matar o heroe’

O escritor de Barro levará 4.000 euros polo galardón, que convoca o Concello de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

Adolfo Caamaño Vázquez (Barro, 1959) resultou gañador do primeiro Premio de Novela Vilar Ponte, que convoca o Concello de Viveiro.

O xurado elixiu a súa obra ‘Matar o heroe‘ pola “súa solidez narrativa, tanto da estrutura como da ambientación espacial cronolóxica e dos personaxes”.

O seu “contido universalista” e “a defensa do pacifismo e a non violencia, en consonancia cos valores cívico-sociais defendidos polos irmáns Vilar Ponte na súa traxectoria vital”, foron outras das calidades da narración destacadas polo xurado.

rocío leira castro leva o segundo premio, valorado en 1.000 euros, por ‘veleno en familia’

A obra ‘Veleno en familia‘, escrita por Rocío Leira Castro (Cee, 1979), mereceu o segundo premio.

O relato de Leira Castro é, segundo o xurado, “unha radiografía da sociedade galega actual” con “dinamismo narrativo e polifonía de voces”, que realiza “unha excelente recopilación de fraseoloxía de linguaxe popular” e que contén “unha análise da situación específica das mulleres”.

PREMIOS

O primeiro premio está dotado con 4.000 euros, praca e diploma. O segundo galardón consta de 1.000 euros, cos mesmos agasallos.

XURADO

O xurado do premio estivo composto polo cronista oficial do municipio, Carlos Nuevo Cal, o profesor de lingua e literatura Bernardo Penabade Rey e a xornalista especializada no ámbito literario Alba Porral Quintillán

ENTREGA DE GALARDÓNS

O acto de entrega será o 30 de novembro, desde as 20.30 horas, no Teatro Pastor Díaz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...