InicioCulturaJosé María Linares, concelleiro de Turismo de Foz: "San Martiño de Mondoñedo...

José María Linares, concelleiro de Turismo de Foz: “San Martiño de Mondoñedo é o único templo xacobeo que está en dous camiños, o do Norte e o do Mar”

O templo de San Martiño de Mondoñedo (Foz), segundo Silvia Blach, non se coñece a data de construción deste templo pois os libros de construción desapareceron. Durante un tempo foi catedral até o traslado ao que é o actual Mondoñedo. Blach destaca que é o "primeiro románico galego" pois mestura a arquitectura lombarda e a compostelá. Non se sabe con exactitude, mais é posible que houbese un pazo episcopal ademais do hospital de peregrinos. Todos estes elementos aínda non foron investigados.

Publicada o

- Advertisement -

-Dentro do patrimonio histórico de Foz, a Basílica de San Martiño de Mondoñedo terá un peso fundamental.

Desde logo, porque termos a catedral máis antiga de España é fundamental que ocupe o principal foco de atención. Tamén se fixeron hai pouco unhas catas no castro de Leie e a nosa idea é pór aquilo como un punto focal entre a mesma basílica e o castro, colocar sinaléctica para que a xente vaia andando os 500 metros que os separan. Tamén se colocará un panel informativo, para iso falaremos con Patrimonio e así todo o espazo de Caritel. Estamos a darlle un enfoque moi importante ao templo. Hai pouco ampliamos o centro de interpretación onde había tres salas con escasos elementos e agora démoslle máis contido. Por tanto, si, pódese dicir que San Martiño de Mondoñedo é un punto focal en promoción.

-Hai pouco descubríronse pinturas medievais, como se descubriron? Estanse facendo obras de restauración?

O descubrimento foi durante unha actuación hai varios anos, que son as máis antigas de Galicia. Están dentro das capelas laterais e son accesibles, con explicacións na guía da basílica. O caso é que agora pechamos o acceso por seguridade para protexer as pinturas. Agora hai unha partida da Xunta para mellorar elementos patrimoniais e entre eles está San Martiño de Mondoñedo. Así solicitóuselle á Xunta axudas para actuar no cimborrio para combater as humidades deste espazo e mellorar a cuberta. Tamén se falou de actuacións na Horta do Cura que queremos poñer en valor. Aí hai un muro medio derrubado que prometeron reparar.

pódese dicir que San Martiño de Mondoñedo é un punto focal en promoción

-Dentro das diferentes actuacións de cara o futuro, cal é a máis urxente?

A cuberta, sobre todo porque ten brión, herbas e todo iso pode deixar pasar auga afectando ao cimborrio e todas as humidades interiores. No seu momento houbo escasas solucións mais agora esperamos que sexa posible solventar este punto. Despois está o parque arredor da basílica onde aparcan vehículos, por tanto poderíase peonalizar ou semi-peonalizar a contorna, todo o barrio do Caritel. Habería que elaborar un proxecto para solucionar o tema da aparcabilidade dos vehículos.

-Participaron todo tipo de institucións públicas nas restauracións e demais traballos sobre a basílica?

A actuación de hai uns anos estiveron presentes todas as institucións.

As últimas pinturas descubertas son das máis antigas de Galicia

-Rexistran a media de vistas que reciben San Martiño durante o ano?

Si, mais nestes anos de pandemia baixou moito, mais a media anual de vistas eran de 15.000 por ano. Durante o verán moito máis, con 8.000 en agosto. Foi unha tendencia que evolucionou desde que se abriu o centro de interpretación e se comezou a promocionar este templo, todo isto até o 2020. A tendencia comezou a recuperarse este verán pasado e para o ano que vén esperamos seguir aumentando as visitas.

-Cales son as principais accións de promoción?

Normalmente a promoción é a nivel de publicacións, a través das RRSS e sobre isto estamos traballando nunha web de turismo onde a basílica terá a súa importancia, á parte que queremos convertelo nun foco cultural. Dentro deste edificio estanse celebrando xornadas como o Festival Bal y Gay e este ano comezamos a primeira edición dunhas conferencias sobre “San Martiño no Camiño” onde se abordan temas como o románico e sobre o Camiño do Mar. Este último estámolo promocionando e para isto temos unha partida de 200.000 euros destinados para un plan de sustentabilidade en que participan Estado, Xunta e Concello, para promocionar San Martiño a través do Camiño do Mar, con sinais e definicións das etapas. Isto daralle un grande impulso pois é o único templo entre dous camiños, o Camiño do Mar, recoñecido hai pouco pola Igrexa. Este Camiño é unha desviación do Camiño Norte, pois os peregrinos non seguen unha liña recta. Existen documentos onde falan dunha derivación do Camiño cara San Martiño onde había un hospital de peregrinos. Por tanto, a promoción faise en diversos ámbitos e o Camiño do Norte será fundamental para os vindeiros anos.

a media anual de vistas eran de 15.000 por ano

-Dentro do tempo vanse realizar máis catas arqueolóxicas?

Á parte do castro de Leie, tamén falaron de facer algunha cata dentro da Horta do Cura. Non son moi partidarios porque logo supón mantelo e estar coidando de maneira continua. Quedaron en poñer en valor a zona e realizar algunha cata.

-Cal cre que foi o descubrimento máis importante?

Hai dúas actuacións, unha en O Carreiro onde está Ollo de Mar e aí descubriron unhas estruturas semicirculares que deron a impresión de ser algunha estrutura castrexa. En Leie descubríronse foxos e outras estruturas que parecen ter o aspecto dunha explotación mineira da época romana, polo que din os arqueólogos sobre o terreo.

-San Martiño segue acollendo celebracións eucarísticas?

Si, segue como templo. O que temos é o centro de interpretación que está pegado á basílica e pode accederse a ela por formar parte da visita, agás cando hai algún acto relixioso, mais normalmente pode entrarse coas explicacións da guía.

tamén falaron de facer algunha cata dentro da Horta do Cura

-Cal é a administración que ten maior peso na conservación do templo?

A basílica é a Xunta quen leva a conservación. O centro de interpretación é o Concello o que leva o mantemento do mesmo e exposicións que se fagan alí dentro. Agora mesmo estamos traballando nunha guía en papel que sairá en 2022 cunhas 90 páxinas onde estará toda a información sobre o templo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...