InicioCultura(Video) Xaime Miranda xa ten novo videoclip... sairá en xaneiro de 2022

(Video) Xaime Miranda xa ten novo videoclip… sairá en xaneiro de 2022

Xaime Miranda no seu novo videoclip aposta por tintes máis retrofuturistas no estilismo, na paleta de cores e no vintage.

Publicada o

- Advertisement -

O director cervense Xaime Miranda é unha referencia na realización de videoclips no panorama musical galego. Tras conseguir o segundo Mestre Mateo consecutivo, en xaneiro do ano 2022 sairá o seu novo videoclip de Señor Anido para a canción “Atento”, adianto do novo disco “Señor Anido 19”.

“Atento” é un grito cargado de profundidade contra a explotación da humanidade pola propia humanidade. Nesta materia Rafa Anido disfrázase da súa experiencia persoal e colectiva coa insoportable precariedade emocional imposta hoxe, no ámbito laboral, polas empresas de servizos de telecomunicacións.

Nesta ocasión, o director do videoclip Xaime Miranda, tamén infuenciado pola ética de autores como Philip K. Dick ou David Cronemberg, crea unha distopía ofimática con palpables tintes retrofuturistas no estilismo, na paleta de cores e no vintage.

As lentes empregadas para a gravación, cuxa atmosfera de esmagadora plasticidade, case se pode masticar grazas á impoñente actuación de Diego o outro irmán Anido, baixo a mirada sinistra dunha cámara ao mando do gran control mental central.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...