InicioCulturaRibadeo recibe a Porteña Tango, o grupo de maior audiencia en Europa...

Ribadeo recibe a Porteña Tango, o grupo de maior audiencia en Europa deste estilo

O Porteña Tango chega ao Auditorio Hernán Naval do municipio lucense co seu último espectáculo ‘Alma de Bohemio’. Única función o domingo 26 de decembro ás 20.00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O Porteña Tango, o grupo de tango arxentino máis relevante en Europa, chega ao Auditorio de Ribadeo co seu novo show de tango, danza e poesía Alma Bohemio, tras a súa exitosa estrea absoluta o pasado 1 de marzo na Gran Vía madrileña e a súa intensa xira por todo o territorio nacional e internacional. Tango, valse criollo, milonga, malambo e candombe danse cita neste espectáculo integral que ofrece unha visión renovada do tango arxentino.

O domingo 26 de decembro ás 20.00 horas o tango viaxa ata Ribadeo brindando unha oportunidade única para gozar do traballo dunha compañía con 13 anos de traxectoria e case 700 concertos realizados nos escenarios de 20 países en catro continentes.

Alma de Bohemio propón un espectáculo moderno e renovado onde se entrelazan a música, a danza e as historias que van desde as emocións máis profundas, á picardía e o humor. Lembrando que o tango arxentino é unha música popular e próxima ao público de todas as idades, afastándoo dos clichés e lugares comúns.

O show convida pasear por un longo e sinuoso carreiro que percorre a historia dunha música que naceu humildemente nos suburbios e portos do Río da Prata e transcendeu ao mundo por forza propia case sen propoñerllo. Aspectos fundamentais que os integrantes da Porteña non esquecen, xa que nas súas presentacións os vellos clásicos do xénero conviven cos sons máis modernos, a desvergoña, as novas harmonías e a vangarda das composicións do xenio Astor Piazzolla, a quen lle dedica unha parte de Alma de Bohemio polo centenario do seu nacemento.

Alejandro Picciano dirixe O Porteña Tango xunto ao pianista Federico Peuvrel e o mozo bandoneonista revelación Matías Picciano. En xuño de 2019 incorporouse a exquisita e potente voz de Melisa Fernández. Guillermo Henao, Xema Leiva, Carlos Guevara, Débora Godoy, David Suárez e Juana Escribano forman o equipo de baile. Xuntos asombran ao espectador tradicional do tango e seducen a novos públicos pola súa frescura e proximidade. A poética de Buenos Aires, os tangos, valses, milongas, candombes e vellos tangos camperos adórnanse con esta danza tan arxentina que cativa ao mundo enteiro. Fermosas coreografías, creadas por un corpo de baile estable cun luxoso vestiario e coloridos audiovisuais, xeran unha posta en escena única e atractiva.

O grupo arxentino destaca pola súa traxectoria e profesionalidade. Ten cinco discos editados co mítico selo Melopea de Arxentina, coa produción do Mestre Litto Nebbia. E presentou con gran repercusión os seus espectáculos de música e danza.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...