Queda un paso para estar na final de Operación Triunfo, pero semella que será o máis complicado. A cantante de orixe ourolesa Sabela Ramil terá que pelexar con Marta por un posto na derradeira rolda do programa.
A vocalista con raíces en Bravos foi unha das dúas nominadas da gala 10 do concurso de televisión. A cantante galega interpretou ‘Te necesito‘, de Amaral.
A súa actuación non gustou ao xurado, que a nominou. Os profesores salvaron a Alba Reche e os compañeiros a Miki nunha gala na que María quedou eliminada.
Lxs últimos nominadxs de #OT2018 son @martaot2018 y @sabelaot2018 😲 ¡Esta semana trabajarán duro por quedarse y obtener un puesto en la final! 🎤🥰 #OT18Gala10 pic.twitter.com/JgmQ1CG06C
— OT 2018 (@OT_Oficial) November 29, 2018
Os teléfonos para votar están activados e seguro que A Mariña se esforzará porque a moza galega poda continuar no programa.
NEGRA SOMBRA
A presenza de Sabela no programa supón un pequeno mostrario da cultura galega a nivel estatal, dado que a cantante reivindica o idioma e a música popular cada vez que pode.
Esta semana, cantou ‘Negra Sombra‘, o poema musicado de Rosalía de Castro, o que quedou recollido nun vídeo que de novo axitou as redes sociais.