InicioCulturaViveiro anuncia os premiados no Certame de Poesía Infantil "Nadal 2021"

Viveiro anuncia os premiados no Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021”

Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2021” na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo, con edición locais nos distintos municipios previas á fase final provincial.

Nesta edición, Viveiro contou con participantes na categoría B, que inclúe a nenos/as de 9 a 12 anos. Os textos gañadores son os de Marta García Vale, do centro de ensino Landro; o de Daniel Míguez González, do CEIP de Covas e o de Blanca Loureiro Valledor, do CEP Lois Tobío.

Ademais, concedéronse tres accésits recoñecendo os textos de Inés Mariño Gómez, Nereida Pereira Louzao e David Güeto Diéguez. A entrega de premios desta fase local do certame celebrarase o sábado 29 de xaneiro ás 13:00, na Biblioteca Municipal de Viveiro.

Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.

O xurado, que decidiu os textos gañadores, estivo formado por Amadora Taracido Lago, Covadonga Dopico Cachán, Ana María Fernández-Noriega Fernández e Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Agradecemos a motivación de todos os xóvenes escritores e escritoras que nos enviaron os seus textos, así como a implicación do profesorado para que a mocidade participe na Cultura”, sinala Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...