InicioCulturaCoñece os nominados aos premios do certame de teatro de Lourenzá

Coñece os nominados aos premios do certame de teatro de Lourenzá

O Concello entregará os sete galardóns nunha gala que se celebrará o 9 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Despois de que os 17 grupos participantes interpretasen as súas obras, o Concello de Lourenzá anunciou a relación dos nominados do certame de teatro afeccionado.

No Premio Conde Santo á mellor representación, aspirarán á distinción Avelaíña Teatro (Pontevedra), Fauna 113 (Vigo) e Rebuldeira Teatro (Sarria).

No tocante ao galardón Lourenzo, consagrado ao mellor actor, optarán ao premio Fernando Díaz, de Rebuldeira Teatro, Xulio Leal, de Avelaíña, e Pablo Rodríguez de Fauna 113.

Iris Darriba, de Fauna 113; Evira Pallares, de Rebuldeira Teatro; e Amparo Urtaza, de Avelaíña, competirán polo premio Ana, disposto para elixir á mellor actriz do certame.

Noé Recalde, de Bule Bule (Alfoz-Lourenzá); Xabier Fernández, de Avelaíña; e Roberto Casas, de Ollomao (Barreiros), son os tres nominados para o premio ao mellor actor de reparto. 

Begoña Rodríguez e Ana Casal, de Fauna 113, e Carmen González, de Avelaíña, aspirarán ao premio á mellor actriz de reparto. 

No premio á mellor posta en escena, os nominados son Avelaíña, Fauna 113 e Os Palimoquiños (Lugo).

Por último, no que se refire ao premio especial do público, Bule Bule, Os Palimoquiños e Fauna 113 son as tres agrupacións que optan ao recoñecemento. 

ENTREGA DE PREMIOS

A entrega de premios será o domingo 9 de decembro, desde as 19.00 horas na carpa climatizada do Campo dos Bolos. 

No evento actuará o grupo Arte Estudio Teatro, que representará a obra ‘Feirantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...