Esta obra é a adaptación do album ilustrado de Maurice Sendak na que se exploran a fantasía e a realidade por partes iguais. Un fiel retrato da infancia.
O pequeño Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai, cansa desta situación, decide castígalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias até converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba.
Unha peza inspirada no clásico da literatura infantil, considerado o álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual, trazando un fiel retrato da infancia.
Onde viven os monstros é un clásico vixente hoxe en día que plasma con grande expresividade os temores e desexos da nosa máis tenra infancia: os monstros que nos asexan, os nosos incomprendidos enfados, o medo ao abandono e a que os nosos pais deixen de querernos.