Sen modelo lingüístico para Asturias, nin para o galego-asturiano, polo momento

A líder do PP de Asturias di que Feijóo ten clarísimas as diferenzas entre a realidade lingüística asturiana e galega

Iniciativa pola cooficialidade do asturiano. AXM

O estudo sobre a implantación da oficialidade do asturiano encargado polo Executivo foi este mércores o motivo de debate entre o presidente do Principado, Adrián Barbón e a portavoz do PP, Teresa Mallada. Un debate no que a crise interna dos ‘populares’ tamén tivo protagonismo e mentres Barbón desexaba unha pronta resolución da mesma, Mallada advertiulle de que “non se faga falsas esperanzas” e asegurou que Aberto Núñez Feijóo ten clara a diferenza entre Asturias e Galicia.

“Non se preocupe tanto por nós. Feijóo ten clarísimas as diferenzas entre a realidade lingüística de Asturias e a de Galicia e a señora Ayuso vai saír desta difícil situación moito máis reforzada do que xa estaba”, indicou Teresa Mallada.

“Vaime a dicir vostede que hai un único modelo de oficialidade en toda España?. É o mesmo o de Galicia que o de Cataluña?. É o mesmo modelo o que impulsa Feijó ao que vostede agora tanto quere, que o que impulsa Pere Aragonés?. A resposta é non. Non hai un único modelo de oficialidade póñanse como se poñan”, respondeulle Barbón.

Neste sentido o presidente asturiano reiterou que hai posibilidade constitucional de levar a cabo un modelo de oficialidade amable e volveu a augurar que a posición dos ‘piopulares’ sobre o asturiano vai cambiar.

“Cando deixe de ser presidenta interina do PP verá como o Partido Popular cambia, migra a súa posición e toma novos aires, eses aires que veñen de Galicia, e que tamén van contaxiar ao PP asturiano, non sei se agora, se en 2023 ou se nuns anos, pero cambiarán”, indicou Barbón.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here