InicioCulturaO Concello de Cervo quere darlle máis pulo ao Museo do Mar...

O Concello de Cervo quere darlle máis pulo ao Museo do Mar mediante a ampliación das actuais instalacións

O Concello pretende mercar unha parcela xunto á praia do Torno en San Cibrao, que xa foi de titularidade pública ata 1942, cando o Concello a vendeu aos actuais propietarios

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo pretende aumentar a dotación cultural do Museo do Mar, mediante a adquisición dunha parcela que limita co edificio, que foi de titularidade municipal ata o ano 1942.

Naquelas datas o Concello vendeu o que os propietarios actuais lle pediron que se lles vendera, unha parcela de 1500 metros cadrados, fronte á praia do Torno, localizada nun entorno privilexiado de San Cibrao,  para a construción dunha vivenda de uso vacacional.

Dende a entidade local solicitan á actual propiedade a mesma xenerosidade que no seu día mostrou a administración facilitando a venda deste solar, tan ben localizado, a esta familia.

O prezo que se ofrece desde o Concello, que ascende a 155.000 euros, é o resultado dunha valoración técnica obxectiva. Esta depreciación do solar nace froito do uso da parcela, posto que pasou de ser de uso residencial a uso dotacional.

Desde a entidade local lembran á Deputación Provincial de Lugo, administración encargada actualmente da xestión do museo, que xa se fixo unha petición – tras un acordo plenario a finais do ano 2021 – para que se fixera cargo da adquisición deste solar, da cal aínda non se obtivo ningún tipo de resposta.

O alcalde, Alfonso Villares, apela “á xenerosidade que naquela época mostrou a administración pública vendendo esta propiedade de titularidade municipal, que ademais está nunha localización privilexiada, para que a actual propiedade se mostre igual de xenerosa”.

Sinala o rexedor que “desde a nosa corporación municipal xa levamos refrendando moitos anos, en concreto dende 2005, a nosa aposta pola dotación cultural do Museo do Mar”.

Por último engade que “a adquisición desta parcela é un paso máis que damos dende o Concello de Cervo á hora de poñer en valor o noso patrimonio histórico e cultural, posto que alén de Sargadelos, que é o eixo cultural do noso municipio, o mar é as súas xentes gozan dun papel principal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...