InicioOccidentalViveiroO Resurrection Fest contará co patrocinio da Deputación

O Resurrection Fest contará co patrocinio da Deputación

Destinarán 150.000 euros para patrocinar o festival.

Publicada o

- Advertisement -

A deputada de Turismo e portavoz socialista na Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou, tras a xunta de goberno provincial, que se destinarán 150.000 euros para patrocinar o festival Resurrection Fest en Viveiro, que se celebrará do 28 de xuño ao domingo 3 de xullo.

García Porto concretou que se aprobou “o contrato de patrocinio” para ese festival. “Desde a Deputación vén colaborando economicamente na organización deste festival de rock que xa naceu hai 15 anos e esperamos que regrese con toda a forza, que recupere e que incremente o retorno económico que xa tiña na Mariña antes da pandemia”, lembrou.

Segundo comentou, a volta do “Resu” trátase de “unha boa noticia para a economía da Mariña”. “Así falamos dun festival que na súa última edición, antes da Covid, contou con máis de 100.000 visitantes”. “É un evento que xera, segundo os estudos que fai a Universidade de Santiago de Compostela un total de nove millóns de euros de beneficio, e que ademais consegue unha proxección internacional equivalente a unha campaña publicitaria de 14 millóns de euros. Consolídase como un dos principais festivais non só europeos senón mundiais”, eloxiou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...