A cantante con raíces en Bravos Sabela Ramil continuará en Operación Triunfo (OT) despois de salvar a nominación para abandoar a academia coa que afrontou a gala 11 do programa.
A vocalista galega obtivo o 64% dos votos do público, o que supuxo a eliminación de Marta, a outra concursante nominada.
Sabela elixiu para interpretar na gala un clásico da música cubana, ‘El cuarto de Tula‘, que popularizou o disco ‘Buena Vista Social Club‘.
A pontesa recibiu o aplauso do xurado, que valorou a súa “progresión”, e do público. En Twitter destacaron o ritmo que transmitiu na súa actuación.
Sabela a hecho estallar el plató.
¡¡Menudo fiestón!! Ha disfrutado muchísimo y eso se ha notado en escena. Coreo perfecta, acompañada de manera increíble por nuestros bailarines y con una presencia de 10.#OT18Gala11— Vicky Gómez (@vickygom3z) December 5, 2018
FINALISTAS
Natalia e Famous resultaron os primeiros finalistas de OT, elixidos polo xurado e os profesores, respectivamente.
Sabela xogarase con Miki, Alba e Julia dúas prazas na rolda final do concurso.