Centros educativos de Burela, Madrid e Palencia resultaron gañadores da 4ª edición do concurso de educación financeira ‘Segura-Mente’, impulsado por Abanca e a súa obra social, Afundación.
En concreto, os premiados da Categoría A foron os estudantes de 4ºB do CEIP Gonzalo de Berceo de Madrid, cunhas frases motivadoras para os peregrinos. A clase de 1º de ESO B do IES Perdouro de Burela fíxose co galardón da Categoría B cun proxecto que busca reducir o desperdicio de alimentos.
Ademais, a gañadora da Categoría C foi a aula de 3º de ESO do IES Jorge Manrique de Palencia, que presentou unha proposta de teatro sustentable para difundir o patrimonio cultural da España baleirada.
Nun comunicado, Abanca explicou que cada grupo gozará dun premio de 1.000 euros en experiencias. ‘Segura-Mente’ é un xogo a través do que 70.600 alumnos e alumnas de 3º a 6º de Primaria, ESO e FP Básica de toda España puideron, durante o curso 2021-22, adquirir unha aprendizaxe sobre finanzas, mentres reforzaban os seus coñecementos de historia, arte, literatura e mesmo sobre os Obxectivos de desenvolvemento sustentable.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.