InicioCulturaMaricarmen Rivera: "Gustaríanos que o Festival Aturuxo chegase a ser de interese...

Maricarmen Rivera: “Gustaríanos que o Festival Aturuxo chegase a ser de interese turístico galego”

Maricarmen Rivera Vidal forma parte da Asociación Cultural Deportiva Recreativa Aturuxeiros de Bravos que está detrás do Festival Aturuxo que se celebra na parroquia de Bravos, en Ourol. Logo de dez anos desde o seu comezo, este certame celebra o seu décimo aniversario introducindo novidades como feiras de artesanía. O cartel conta con nomes como Peter Punk, Pulpiño Viascón ou Rebelión do Inframundo. Este ano será entre os dúas 29 e 30 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

-Como naceu a iniciativa do Festival Aturuxo de Bravos?

Naceu en 2012 polas inquietudes dos mozos e mozas da parroquia que sen residiren todo o ano na parroquia, si se sentían moi vinculados coa parroquia pois os pais naceran aquí ou tiñan as súas raíces en Bravos. Primeiramente Juan e Sabela, tiveron a idea, comentárona cos compañeiros e de aí para adiante. Nós encantados de que probasen cunha primeira edición alá en 2012.

-Estamos entón diante do décimo aniversario do Aturuxo. Hai algunha sorpresa para esta edición?

Si, porque lle demos un gan xiro porque o festival medra. Antes organizábase un pre-Aturuxo cunha foliada e este ano xa está integrada na programación oficial. Entón xa temos festa e acampada libre desde o venres 28 de xullo. Outra novidade vai ser a Feira de Artesanía e Produto galego e de aí a seguir medrando e facendo cousas.

-Que tipo de música podemos oír no Aturuxo?

Seguimos coa liña de ter música para todos os públicos, desde música máis melódica, pasando por hardrock e entretemento para nenos. É un festival interxeracional e para iso contamos o venres cos Festicultores, Os do Cómbaro van facer a foliada que esperamos dure até altas horas da madrugada.

novidade vai ser a Feira de Artesanía e Produto galego e de aí a seguir medrando e facendo cousas

-Ven que o número de asistencia aumenta ano a ano ou hai un público fiel que mantén un nivel de asistencia determinado?

Durante este tempo fomos creando un público fiel desde o minuto un a quen rememoramos durante a presentación do programa deste ano. Tentando facer un resumo, os que viñan durante a súa mocidade agora veñen coas familias incluídos nenos e nenas. E desde logo que se sente cada ano un aumento de asistencia, mesmo con xente chegada de máis lonxe. Isto demostra que paga a pena mantelo e seguir adiante.

-O festival tamén se desenvolve nunha contorna natural. Como se consegue que o público sexa respectuoso co medio?

A xente é máis respectuosa do que moitos pensamos. Levamos dez anos de edición e nunca houbo problemas dese tipo e coa acampada a xente é moi coidadosa. Tamén lle facilitamos ao público onde tirar o lixo e outras demandas. En dez anos de edición podemos dar as grazas á asistencia polo seu comportamento. Logo cando limpamos vemos que só o temos que facer no lugar do festival.

-Cando se presentou o festival ao Concello de Ourol, cal foi a reacción?

Sempre foi de apoio desde o primeiro momento. Segundo aumentaba a colaboración así aumentaba o Aturuxo. Hoxe por hoxe non concebimos o festival non só co apoio do Concello senón tamén doutras organizacións, pois non debemos esquecer que todo isto naceu ao son da Asociación de Veciños, quen arrimaron o ombro para sacar isto adiante. Daquela aínda non existía a Asociación Cultural, naceu despois.

os que viñan durante a súa mocidade agora veñen coas familias incluídos nenos e nenas

-Quen son as dúas persoas que deron o primeiro paso para este festival?

Sabela, que formaba parte do grupo Muxarega, un dos primeiros en participar logo participou en Operación Triunfo. Juan é cámara de televisión e gustan dos festivais como os seus amigos.

-Que obxectivos lle gustaría ver cumpridos no futuro?

Os obxectivos básicos están cuberto. O festival estase consolidando e o que nos gustaría era ter o recoñecemento de Interese Turístico Galego e logo pasar ao nacional.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...