InicioCulturaO IX Festival Bal y Gay de música clásica celebrarase entre o...

O IX Festival Bal y Gay de música clásica celebrarase entre o 12 e o 24 de agosto na Mariña

A nova edición do Festival Bal y Gay, proxecto familiar que se converteu en toda unha referencia española, aposta como sempre pola excelencia.

Publicada o

- Advertisement -

O ‘Festival Bal y Gay’ celebrará a súa novena edición do 12 ao 24 de agosto e espera recibir a 3.500 espectadores nos escenarios lucenses da Mariña para admirar a artistas internacionais como Elisabeth Leonskaja, Orquestra Sinfónica de Galicia con Lucas Macías e Serena Sáenz, Cuarteto Quiroga, Pablo Ferrández, Armida Quartet, Carlos Mena, Real Filharmonía de Galicia, Dúo do Valle ou Andreas Prittwitz.

O evento presentouse hoxe 17 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia; Francisco Cajoto, presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz; e Alba Rodríguez, directora do Festival Bal y Gay.

A nova edición do Festival Bal y Gay, proxecto familiar que se converteu en toda unha referencia española, aposta como sempre pola excelencia. A Mariña converterase en epicentro nacional da música clásica con propostas tan atractivas como Elisabeth Leonskaja, a gran dama do piano (día 21 de agosto, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo); Pablo Ferrández, o violonchelista español con maior proxección mundial (día 22, Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo); o Cuarteto Quiroga, toda unha referencia en Europa (día 23, Iglesia de San Martiño de Foz); e a Orquestra Sinfónica de Galicia, considerada unha das mellores de España (día 24, Catedral de Mondoñedo).

A aplaudida Real Filharmonía de Galicia (día 12, Teatro Pastor Díaz de Viveiro) inaugurará o festival, que tamén recibirá á recoñecida formación belga Armida Quartet (día 13, Pazo do Conde de Fontao de Foz), ao soado contratenor Carlos Mena (día 14, Iglesia de Santiago de Foz) e ao emerxente Dúo do Valle (día 17, Fábrica de Sargadelos de Cervo). Así mesmo, haberá concertos familiares, conferencias e talleres.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...