InicioCulturaInaugurada a exposición "AMAR A MAR" no centro sociocultural de Barreiros

Inaugurada a exposición “AMAR A MAR” no centro sociocultural de Barreiros

A exposicion poderá visitarse en horario de mañá desde este xoves ata o 17 de xullo.

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves inaugurouse en Barreiros no Centro Sociocultural a exposicion “Amar a Mar, Mariñas, Marosas e Maruxainas”. Esta exposición promovida desde a Rede Museística Provincial pertencente á Vicepresidencia da Deputación de Lugo, xurdíu a raiz do 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao e está percorrendo todos os concellos da Mariña. A través da mesma trátase de visualizar o traballo das mulleres en diferentes actividades ao longo dos anos, desde unha ollada transversal e desde a perspectiva de xénero.

Á presentación asistiron a Deputada de Medio Rural e Mar, Mónica Freire, a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, o fotógrafo da exposición Xosé Reigosa e a alcaldesa Ana Ermida, así como membros do goberno municipal e veciñas e veciños de Barreiros. A exposicion poderá visitarse en horario de mañá desde o día de hoxe ata o 17 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...