Ten unha duración de 50 minutos.

Publicada o

- Advertisement -

O tren turístico de Ribadeo está xa a pleno rendemento. Ofrece oito viaxes diarias para que os visitantes poidan coñecer Ribadeo e os seus recunchos máis emblemáticos nun percorrido de 50 minutos de duración, que sae todos os días desde as inmediacións da oficina de turismo para achegarse ata o porto deportivo, o paseo marítimo, o Faro da Illa Pancha, onde realiza unha pequena parada, e pasa polas principais rúas da vila.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que dende hai varias semanas xa está en funcionamento o tren turístico de Ribadeo, despois do proceso de licitación e adxudicación por catro tempadas. “É un atractivo máis no importante numero de actividades turísticas que se promoven ou que se organizan dende o Concello, e que permite a quen nos visita e a veciñas e veciños coñecer dunha maneira moi cómoda e moi amena o casco de Ribadeo”, dixo.

Os horarios son os mesmos, pola mañá hai tres saídas, ás 11, ás 12 e ás 13 horas e pola tarde tamén son os mesmos horarios destes anos ás 16, 17, 18, 19 e 20 horas, sempre dende diante da oficina de turismo, no parque de San Francisco. O tren turístico, que iniciou a súa sétima tempada a mediados de xullo, estará operativo ata o 15 de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...