InicioCulturaA catedral de Mondoñedo recupera as súas grandes pinturas

A catedral de Mondoñedo recupera as súas grandes pinturas

Restauradas as policromías do retablo e as pinturas murais

Publicada o

- Advertisement -

As policromías do retablo e das pinturas murais da catedral da localidade lucense de Mondoñedo foron restauradas e este martes celebrouse un acto institucional no templo. Para esta restauración a Xunta destinou 270.000 euros, cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Segundo trasladou a administración autonómica, esta acción enmárcase no Plan de Catedrais que impulsa a Xunta e que conta cun investimento total de 6,5 millóns de euros para esta basílica, na que tamén levarán a cabo obras en áreas como a nave, o retablo ou no conxunto de cadeiras do coro, entre outras.

Para realizar estas actuacións, en primeiro lugar realizáronse diferentes intervencións. Entre elas, un estudo ambiental que recolle as medidas de humidade e temperaturas, documentáronse as características técnicas do conxunto mural e realizáronse diversas limpezas para levar a cabo a restauración dos murais.

Ademais, tamén fixeron unha reintegración cromática para conservar o ciclo pictórico e no retablo realizáronse traballos de fixación e asentado nos lugares onde a policromía presentaba maior debilidade, así como no conxunto de cadeiras do coro elimináronse as vernices antigos.

ACCIÓNS DE RESTAURACIÓN

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, remarcou que con estes traballos pretenden revalorizar o papel da catedral mindoniense, posto que se trata dun dos recursos patrimoniais máis destacados da Mariña lucense e do Camiño Norte.

Así mesmo, o Goberno galego sinalou que esta acción se suma á realizada na Catedral de Santiago, na que restauraron as vidreiras, a porta occidental, a cuberta, o claustro ou a Casa dos Coengos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...