InicioCulturaRibadeo recupera o seu tradicional Festival de Bandas

Ribadeo recupera o seu tradicional Festival de Bandas

Este sábado actuaron a de Meira e a de Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recuperou o seu tradicional festival de bandas de música, que non se celebrara estes dous anos anteriores debido á pandemia. Organizado pola asociación Amadores da Música, tivo lugar este sábado, día 20, coas actuacións da Banda Municipal de Música de Meira e a ribadense, que ofreceron un pasarrúas desde o Teatro ata o Campo de San Francisco e a continuación un concerto no auditorio municipal Hernán Naval.

A Banda de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, interpretou España Cañí, de Pascual Marquina; Virxe da Macarena, con arranxos de Sierra-Represenas e Claudia Rico como solista; Abba Gold, con arranxos de Ron Sebregts; e Nino Bravo in Concert, arranxada por Manuel Calero García. A Banda de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, tocou O Pequeno Nicolás, de José Luis Tielas Santiago; Kleine Ungarische Rhapsodie, de Alfred Bösendorfer; e Concerto D´Amore, de Jacob de Haan.

Así mesmo, a presidenta de Amadores da Música, Elisa Álvarez Amor, entregoulle un agasallo á Banda de Meira, mentres que a Banda de Ribadeo lle fixo unha despedida á música Andrea Rodríguez, que pronto marchará para Estados Unidos. O festival de bandas ribadense rematou coas dúas formacións interpretando conxuntamente dúas pezas: Banda Galega, dirixida por Francisco Javier García Canto, e Mozos do Penedo, coa dirección de David Ballester Martínez.

ÚLTIMAS

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...