InicioCulturaAnimate a facer teatro e gañar premios en Barreiros

Animate a facer teatro e gañar premios en Barreiros

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Barreiros.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros convoca o I Certame de teatro amador “ConVida no Rural” que terá lugar no mes de outubro en Barreiros. Trátase dun certame que terá lugar os sábados e domingos do mes de outubro alternando o centro sociocultural de San Cosme e os Colexios Vellos de San Miguel. No mesmo empregarase preferentemente a lingua galega e admítese calquera tipo de xénero.

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Barreiros ou ben enviado un correo a dinamizacion@concellodebarreiros.gal coa documentación que se require nas bases que están publicadas na web municipal www.concellodebarreiros.gal antes do 6 de setembro de 2022.

O día 1 de novembro, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, terá lugar a gala de premiación onde se entregarán 600€ máis trofeo como primeiro premio e 200€ máis trofeo como segundo premio. Ademais dos referidos premios galardoarase con trofeos ás mellores actrices e actores protagonistas e de reparto. Ese día, o grupo de teatro C.C. Ollomao, pechará o certame cunha representación teatral que non entrará a concurso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...