A Banda de Ribadeo, de estrea no cinema

Ofreceu sete pezas novas no concerto deste domingo.

Concerto de música de cinema da Banda de Música de Ribadeo / Faro Norte

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreou 7 pezas no concerto de música de cine que ofreceu onte, domingo, no auditorio municipal Hernán Naval e que nesta ocasión ía dirixido fundamentalmente @s nen@s e aos seus pais e avós.

Entre os temas que tocou por primeira vez a banda ribadense, acompañados coas imaxes das películas están Romeo & Julieta, de Nino Rota; Circle of Life, obra de Elton John do film O Rei León ou How to train your Dragon; de John Powell e pertencente á banda sonora da película Como adestrar ao teu dragón.

Tamén interpretou The NeverEnding Story, de Giorgio Moroder e Klaus Doldinger, da película A historia interminable; Smallfoot, de Wayne Kirkpatrik e Karey Kirkpatrik; We don’t talk about Bruno, de Lin-Manuel Miranda e do film Encanto; e The Addams Family Theme, de Vic Mizzy e da banda sonora da película A Familia Addams.

Ademais tocaron Star Wars, de John Williams e do film A Guerra das Galaxias; Remember me, de Kristen Anderson e Robert López e da película Coco; e Flashdance… What a feeling. Este último tema foi o bis do concerto.

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, agradeceu a colaboración do Concello e de Xera, Wilmar e Francisco pola montaxe para o concerto así como o esforzo que fixeron os músicos para esta actuación na que tocaron sete obras novas no repertorio da formación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here