InicioCulturaDescubre "A montaña do poeta" entre os montes da Mariña

Descubre “A montaña do poeta” entre os montes da Mariña

É a última obra do escritor LIonel Rexes.

Publicada o

- Advertisement -

O día 8 de setembro chega ás librarías A montaña do poeta, a novela do alfocés Lionel Rexes, galardoada no Grove co Premio “Lueiro Rey” de Novela en decembro de 2021.

O argumento, emparentado co thriller de conspiración, parte dun suceso do pasado para instalarse na actualidade e desenvolver unha acción de alta intensidade. A obra está ambientada en escenarios tanto rurais coma urbanos, desenvolvendo a súa trama principal nun lugar imaxinario chamado Lagoa, con certas reminiscencias ao rural de Alfoz, unha poboación onde o desequilibrio demográfico irá favorecendo curiosas relacións sociais.

O autor xa gañara o mesmo premio hai cinco anos coa novela A raíña das velutinas, obra que tamén fora publicada por Xerais en 2017 e gozara dunha segunda edición ao ano seguinte. Para coñecer máis sobre o lanzamento da obra consulta o Faceboo “Lionel Rexes Creación LIteraria“.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...