InicioOccidentalViveiroCase noventa inscritos participarán na ruta entre Viveiro e Ourol dentro do...

Case noventa inscritos participarán na ruta entre Viveiro e Ourol dentro do Camiño Nordés

Nesta ruta, que se está intentando potenciar, están inmersos os concellos de Viveiro, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será mañá o punto de saída da ruta organizada entre a vila e Ourol, enmarcada no Camiño Nordés (Viveiro a VIlalba). Hai un total de 87 inscritos, dos que aproximadamente 20 farán a ruta a cabalo. Está previsto que os alcaldes, alcaldesas e representantes dos concellos polos que discorre a ruta estean presentes na saída.

No comezo do percorrido, na entrada da Ponte de FEVE, púxose unha placa como inicio desta ruta. Partirán ás 10:00 horas dende a explanada da Variante. Os camiñantes farán a ruta polo paseo fluvial ata Portochao e logo subirán á Rúanova, en Magazos. Os cabaleiros sairán do mesmo punto e irán pola estrada LU-540 ata a Rúanova.

Dende alí, estes últimos irán cara a Galdo, para acceder ao Malló, Cruz do Pousadoiro e, dende alí, cruzar para chegar ao Campo de Fútbol de Ourol. Pola súa banda, os camiñantes, dende a Rúanova baixarán cara a Landrove para atravesar o río Landro pola ponte vella, ir ao Cristo, Toxeiras, para cruzar no camiño que sube ata a Redoada; dende alí continuarán cara a Vilares e Merille, para rematar tamén no Campo de Fútbol de Ourol.

Este ruta do Camiño Nordés ten un total de 12 quilómetros e un percorrido de dificultade media-baixa. O Concello de Viveiro entregará a todos os participantes nesta ruta unha mochila con froita e auga para o recorrido, así como unha credencial acreditativa deste tramo.

Aqueles participantes que queiran levar a primeira hora o coche ata Ourol, para deixalo nas inmediacións do Concello, terán á súa disposición un autobús para vir dende alí ata o punto de partida con saída dende Ourol ás 9:30 horas.

Asemade, unha vez rematada a andaina, sobre as 13:15 horas, outro autobús sairá dende o Campo de Fútbol de Ourol para regresar a Viveiro. Con motivo desta ruta, realizarase un xantar campestre en San Antonio da Xestosa, para o que era preciso anotarse previamente. Neste caso, o desprazamento, unha vez finalizado o xantar, será polos seus propios medios.

Nesta ruta, que se está intentando potenciar, están inmersos os concellos de Viveiro, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba. A idea partiu da Asociación Camiño Real, de Muras, coa colaboración da Asociación Cultural Roteiros da Carba e Amigos dos Cabalos de Muras, indicando que xa se teñen realizado os restantes tramos entre Ourol e Muras, Muras e Pepa a Loba, e Pepa a Loba e Vilalba.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...