Sabela Ramil, a vocalista de orixe ourolesa que se fixo un oco entre os cinco finalistas de Operación Triunfo (OT) 2018, manterá na final a súa aposta polo galego.
Despois de interpretar ‘Benditas feridas‘ e ‘Negro caravel‘, a cantante pontesa elixiu para a gala 13, a decisiva, un tema do grupo Marful, ‘Tris Tras‘.
As reaccións á elección da vocalista galega non se fixeron esperar. A autora da peza, a focega Ugia Pedreira, natural de Vilaronte, mostrou o seu agradecemento revelando ademais unha parte da intrahistoria da canción, xestada na serra da Gañidoira… de onde procede a familia de Sabela.
RESTO DE FINALISTAS
Natalia escolleu ‘Never enough”, Loren Allred (The Greatest Showman); Famous, “And I am telling you I’m not going”,de Jennifer Hudson; Alba, “Creep”, de Radiohead (v. Scott Bradlee’s PJ); e Julia, ‘Déjame ser”, de Manuel Carrasco.
Os cinco interpretarán ‘The edge of glory’, de Lady Gaga.