- Advertisement -
Os concellos de Alfoz e Xove acollerán durante os días 11 e 12 deste mes de novembro, o Festival CINE DE MULLERES co gallo do 25 N, Día contra a Violencia de Xénero.
As películas que se van proxectar en Xove, son:
Venres, 11 de novembro ás 19:30 horas: “JULIA” + coloquio.
Sábado, 12 de novembro ás 19:30 horas: “EL SECRETO DE LAS ABEJAS” + coloquio.
As proxeccións vanse realizar na Aula de Formación do Concello.
A Organización desta actividade corre a cargo de Nomenklaturas Gestión Kultural /Filmu 02, coa colaboración do Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Patrocinio dos Concellos de Xove e Alfoz.