InicioCulturaLourenzá acollerá unha nova actividade da Mariña en Ruta para este vindeiro...

Lourenzá acollerá unha nova actividade da Mariña en Ruta para este vindeiro sábado

A cuarta edición de A Mariña en Ruta daba comezo o pasado 8 de outubro. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, seguirá este sábado, día 5, por Lourenzá. Os asistentes achegaranse á figura do Conde Santo e ao fenómeno medieval da peregrinación.

Pola igrexa de Santa María, onde se atopa o sarcófago do Conde Santo, ata o Pazo de Tovar, símbolo do poder dos señores feudais galegos durante a Idade Media discorrerá este percorrido, que estará guiado por Lidia de la Fuente, e para o que queda algunha praza. Os participantes poderán afondar na orixe dos diferentes camiños de peregrinación, de antes e de hoxe, que rodean os campos de cultivo da exquisita faba de Lourenzá.

O pasado sábado, 29 de outubro A Mariña en Ruta pasou por Burela, de asentamento castrexo a vila medieval, guiada por Lidia de la Fuente. Foi ruta peonil no centro urbano de Burela e á beira do mar, que lles permitiu aos asistentes viaxar no tempo desde o seu orixe prehistórico ata converterse nun dos principais portos do Cantábrico. O percorrido levounos ata Cabo Burela, defensa natural para o antigo castro que escondeu durante séculos o impresionante Torques. E continuou ata a igrexa da Vila do Medio, onde as pinturas góticas son testemuña do pasado medieval dunha vila que se converteu nun dos principais portos pesqueiros do país. Xunto aos camiñantes estivo o concelleiro de Turismo burelés, Ramiro Fernández Rey.

E o 1 de novembro a protagonista foi a ruta dos pozos no Valadouro: o das Moscas, cheo de historia, cultura e lendas ou o da Onza. Ata chegar a ese fantástico escenario os asistentes puideron observar exemplares de especies autóctonas, musgos ou plantas medicinais percorrendo o monte á beira dos ríos. A visita foi guiada por Pedro Rolle.

Máis rutas de novembro

O 12 de novembro: Trabada, camiñando ao pasado (Trabada).

O día 19 está programada unha visita ornitolóxica á ría de Foz.

E o 26 de novembro rematará esta nova edición de A Mariña en Ruta con A vida aos pés da Ría de Foz-Masma.

A cuarta edición de A Mariña en Ruta daba comezo o pasado 8 de outubro. Trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta Email: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono 644 009 722

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...