InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle este sábado a presentación da obra teatral "La Coartada" no...

Ribadeo acolle este sábado a presentación da obra teatral “La Coartada” no auditorio municipal

Os intérpretes son os recoñecidos actores María Castro, Dani Muriel e Miguel Hermoso.

Publicada o

- Advertisement -

La coartada, obra da prestixiosa autora estadounidense Christy Hall versionada e dirixida por Bernabé Rico, está de xira por toda España e este sábado, 12 de novembro, ás 20:00 horas representarase no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo. Os intérpretes son os recoñecidos actores María Castro, Dani Muriel e Miguel Hermoso.

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

A galega María Castro comezou a súa carreira artística na emblemática serie da Televisión de Galicia Pratos combinados. Despois trasladouse a Madrid e participou en series tan exitosas como Sin tetas no hay paraiso, en Tele 5 (traballo polo que obtivo o premio Ondas 2009 á mellor actriz), Tierra de Lobos, Vive cantando, Seis hermanas, Ella es tu padre e Amar es para siempre. En cine salientan os seus papeis nas películas Días azules, Combustión e Los muertos van deprisa, esta última rodada en Ribadeo. E entre os seus traballos teatrais destaca a súa actuación en La ratonera, de Ágatha Christie, dirixida por Víctor Conde, papel polo que María Castro foi nominada aos Fotogramas de Plata e TP de Oro como mellor actriz de teatro.

Dani Muriel é moi popular polos seus traballos en televisión desde 1999, cando empezou a facer papeis cómicos no programa Noche de fiesta. Posteriormente participou en series tan exitosas como Escenas de Matrimonio, Gym Tony, Servir y proteger ou Amar es para siempre. En cuanto a su paso por el teatro, cabe destacar os seus traballos no musical Cabaret, en Las Heridas del Viento e en Los miércoles no existen. Polos seus papeis nestas dúas últimas obras foi nominado pola Unión de Actores como mellor actor secundario e como mellor actor de reparto respectivamente. En cine destacan as súas actuacións en El inconveniente, Las heridas del viento e Diamantes negros. Por esta última película foi premiado pola Unión de Actores como mellor actor de reparto.

Miguel Hermoso Arnao comezou a darse a coñecer entre o gran público en 1996 pola súa participación na serie de Tele 5 El súper. Desde entón compaxina teatro, televisión e cine, con especial éxito na tele grazas a series como Raquel busca su sitio, Cuéntame ou, sobre todo, Yo soy Bea, que protagonizou entre 2006 e 2009. Na gran pantalla participou en películas como GAL, La vida en rojo ou Ni pies ni cabeza. Ademais traballou en numerosas obras de teatro, como La vida es sueño, La prueba, Excusas, Ojos bonitos, El gran regreso, Fiel, ¡A saco!, La avería, Don Juan Tenorio, La familia de Pascual Duarte, El padre, Aquiles, el hombre ou La culpa. Entre outros premios logrou o da Unión de Actores en 2002 como mellor secundario na obra La prueba.

A protagonista de La coartada é Ana, “unha muller ao límite. Divorciada e atormentada polo seu pasado, pide axuda ao su mellor amigo para prepararse a testificar na que será a declaración máis importante da súa vida. Dela dependerá no só a custodia da súa única filla senón tamén a súa propia liberdade. Ao longo da noite o enfrontamento descarnado cos seus propios demos revelará ata onde é capaz de chegar para evitar o peor de todos os seus medos: o silencio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...