InicioOccidentalCervoVisibilización das mulleres coidadoras no Museo do Mar en San Cibrao cunha...

Visibilización das mulleres coidadoras no Museo do Mar en San Cibrao cunha intervención da artista Mar Caldas

Trátase de imaxes sobre o papel de coidadoras das mulleres traballadoras, que ou ben teñen que compaxinar ambos roles no seo familiar, ou deben ocuparse dos coidados de persoas alleas para que outras persoas poidan realizar outros traballos.

Publicada o

- Advertisement -

O Museo do Mar de San Cibrao, en Cervo, amosa na fachada unha selección de fotografías de mulleres coidadoras da artista visual Mar Caldas. Unha iniciativa que pretende poñer os coidados no centro do debate, intervindo no espazo público, e que se complementa cunha mostra dun centenar de retratos da mesma autora no interior do Museo.

Trátase de imaxes sobre o papel de coidadoras das mulleres traballadoras, que ou ben teñen que compaxinar ambos roles no seo familiar, ou deben ocuparse dos coidados de persoas alleas para que outras persoas poidan realizar outros traballos.

A exposición inicia unha serie de intervencións artísticas comisariadas por Ánxela Caramés que se desenvolverán na Rede Museística Provincial ao longo da semana, coincidindo co Día Internacional do Patrimonio Mundial – o 16 de novembro –, e que forman parte do proxecto “Coidados, vulnerabilidades e dependencias” organizado pola Fundación Luis Seoane.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...