InicioCulturaAlumnado de Mondoñedo e O Valadouro asistirá a obradoiros de documentais sobre...

Alumnado de Mondoñedo e O Valadouro asistirá a obradoiros de documentais sobre a natureza co equipo de “Fillas do Vento”

O alumnado mindoniense e do Valadouro irá acompañado por outros estudantes de Muras e Abadín. A produtora TresPés Filmes será a encargada de mostrar os secretos da edición de documentais.

Publicada o

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará ao alumnado de Muras, Mondoñedo, Abadín e O Valadouro á produción de documentais de natureza.

Aproveitando a preprodución do documental “Fillas do Vento”, sobre o cabalo de monte, a equipa técnica da produtora Trespés Filme acudirá aos centros educativos para desenvolver sesións divulgativas nas que o alumnado terá oportunidade de coñecer como é o proceso dun documentario de natureza, que equipas de imaxe e son se utilizan ou como se organiza o traballo, ademais de ver “en bruto” algún material xa gravado. As sesións desenvolveranse do 24 ao 28 de novembro, coincidindo co traballo de preprodución do documental no Xistral.

O programa educativo artellado pola Vicepresidencia da Deputación e a produtora Trespés Filmes permitirá así socializar o desenvolvemento do proceso, facendo partícipes do mesmos ás persoas que habitan os lugares onde se grava. “A nosa idea é tamén facer ver ao alumnado o interese que desperta a realidade que eles coñecen de primeira man, e que podan aprender a valorar o seu como unha cultura que enriquece o mundo”, sinalan desde a produtora Trespés Filmes.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro explicou que “se trata dunha iniciativa coa que apoiamos a produción audiovisual en galego, ao tempo que ofrecemos aos centros educativos a posibilidade de levar ás aulas actividades que consideramos que poden resultar de interese pola súa relación co audiovisual, unha linguaxe moi atractiva e pròxima para as novas xeracions, e co mundo do cabalo, moi presente na súa contorna”.

24 de novembro.

CEIP Antía Cal Vázquez de Muras

CEIP Aquilino Iglesia Alvariñó de Abadín

25 de novembro

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora. Mondoñedo

28 de novembro

CEIP Sta María do Valadouro

“Fillas do vento”

O proxecto de documental “Fillas do vento”, dirixido por Adrián Vilas e producido por Trespés Filmes, procura facer un achegamento a un animal totémico como é o cabalo do monte. Galicia é un dos poucos lugares no mundo, senón o único, onde se pode testemuñar a presenza de cabalos salvaxes, en réxime de semi-liberdade nos seus montes de xeito continuado desde os primeiros poboamentos. Isto creou á súa volta un mundo natural, cultural e social onde se xunta o lobo, o territorio, o patrimonio, a memoria, a comunidade. Unha realidade que se artella como unha constelación desde a noite dos tempos. Unha constelación indómita.

Adrián Vilas é un documentalista con anos de experiencia en televisión internacional, incluíndo entre outros a unidade de Historia Natural da BBC, o National Geographic e a Televisión Pública Holandesa. Como apaixoado do mundo cabalar, está involucrado dende hai anos na conservación do cabalo de Pura Raza Galega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...