O Concello de Viveiro celebrará o 21 de decembro o día da curtametraxe en España. As concellerías de educación e xuventude optaron por reivindicar esta arte cos centros de ensino secundario.
Así, o goberno local realizará en colaboración co Ies Vilar Ponte dúas proxeccións para o alumnado de primeiro e segundo da Eso.
Rapaces de doce a trece anos poderán ver obras que fan reflexionar sobre a suplantación de identidade nas redes sociais, os conflitos familiares ou a realidade dunha moza nun centro de acollida.
SEIS ANOS DE CELEBRACIÓN
O ‘Día Más Corto‘ celebrouse en España ao longo dos últimos seis anos. Desde o Concello animan aos interesados en crear a súa mostra a que consulten as condicións na web http://eldiamascorto.com.