InicioOrientalRibadeoA artista mexicana afincada en Ribadeo Betty Singh presenta no Cine Teatro...

A artista mexicana afincada en Ribadeo Betty Singh presenta no Cine Teatro da vila o seu disco “Mis Recuerdos”

No evento asinará discos aos interesados e unha parte das vendas do CD destinarase á AECC.

Publicada o

- Advertisement -

O Cine Teatro Ribadeo acollerá este venres 16 ás 20 horas a actuación da cantante mexicana, Betty Singh, quen presenta o seu novo traballo discográfico. Un disco con 18 rancheiras que teñen un significado moi especial para ela, tanto a nivel persoal como profesional.

A cantante, afincada en Ribadeo desde hai décadas, levaba moitos anos apartada dos escenarios ata que fai tres participou no programa de Antena 3 “La Voz Senior”. Agora quixo gravar un disco en homenaxe á súa familia, para deixar un pequeno legado sobre ela.

Nel recolle algunhas pezas musicais que marcaron a súa vida, coas que sente identificada e que dedica aos seus familiares. Especialmente a aqueles que ten no seu México querido.

Por iso realiza tamén este concerto-presentación para o que ten preparados oito temas do seu CD que interpretará en directo para o público que asista a unha gala que é gratuíta.

No evento asinará discos aos interesados e unha parte das vendas do CD destinarase á AECC.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...