InicioDeportesPablo Prieto: "Debemos demostrar que o deporte feminino pode chegar ás mesmas...

Pablo Prieto: “Debemos demostrar que o deporte feminino pode chegar ás mesmas posicións que o masculino”

Pablo Prieto é o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol. Adestrador de fútbol sala, o seu currículo vai desde equipos galegos pasando pola selección de Libia e clubes dos Emiratos Árabes. Defensor da potencialidade do fútbol sala feminino galego, considera que aínda se pode avanzar máis nesta e noutras disciplinas deportivas en canto presenza da muller e acadar os mesmos niveis que o deporte masculino.

Publicada o

- Advertisement -

-Cal foi o percorrido profesional até chegar á vicepresidencia da FGF?

Primeiramente fun adestrador profesional de fútbol sala e pasei por diferentes equipos, O Parrulo Ferrol, Azkar Lugo, Sevilla, Talavera e logo na selección de Libia e despois adestrei nos Emiratos Árabes, aí estiven até xaneiro do 2017. No Azkar Lugo tiven dúas etapas, unha como adestrador e outra como director deportivo. Daquela, o actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán e máis eu falamos da importancia do fútbol sala e que el quería darlle un impulso desde que asumiu a presidencia en 2015. Desde ese momento estamos colaborando arredor do fútbol sala, do fútbol e todo o que entre na estrutura federativa.

-Ir adestrar a Libia e a Emiratos Árabes debeuse á falta de adestradores neses países?

O primeiro paso foi a selección nacional de Libia que intentaba cambiar a súa dinámica de traballo e iso que fora campeioa de África. Buscaban o modelo de técnica español, que daquela estaba moi de moda como está agora levar técnicos españois a diferentes lugares. Mediante un contacto chegamos a un acordo e despois de tres anos dei o salto á selección de Libia. Despois xa veu outro salto, neste caso Emiratos Árabes. Primeiro estiven en Abu Dabi e logo en Dubai.

-Cando regresaches a Galicia foi para adestrar novamente?

Non, cando volvín foi para integrarme directamente á estrutura federativa.

o actual presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán e máis eu falamos da importancia do fútbol sala e que el quería darlle un impulso desde que asumiu a presidencia en 2015

-A través do teu traballo como ves a recepción da xente cara o fútbol sala e a súa aceptación?

O fútbol sala en Galicia é unha especialidade con moita afición. Houbo tempadas en que Galicia tivo cinco equipos na máxima categoría e ademais fomos pioneiros no fútbol sala nacional. Sempre tivo grandes proxectos, de forma particular o proxecto do Azkar Lugo, unha das iniciativas modélicas que tivo o fútbol sala nacional. Non se pode comparar este deporte co fútbol, pois nós xogamos un deporte de sala. É realmente espectacular porque resulta moi atractivo, cun terreo de corenta por vinte, intenso porque hai moitas situacións de finalización, moitas transicións e resulta moi rechamante sobre todo para o público. Na base tamén hai moitos nenos que compaxinan fútbol sala con fútbol. Nas categorías de base hai adaptacións mesmo na circunferencia do balón, pois para xogar nunha superficie lisa é moi importante para mellorar a nivel técnico.

-Vanse levar adiante proxectos para promocionalo máis?

Temos sobre a mesa a posibilidade de cambios nas regras para facelo máis atractivo. E un dato importante é que Galicia ten agora mesmo 46 equipos na categoría nacional. Un equipo en primeira, dous en segunda, nove en Segunda B, dezaseis en terceira e, sobre todo, onde temos o peso pesado é no fútbol sala feminino. Na primeira categoría temos cinco equipos e sete equipos na segunda categoría.

Houbo tempadas en que Galicia tivo cinco equipos na máxima categoría e ademais fomos pioneiros no fútbol sala nacional

-A que se debe o boom do fútbol sala feminino?

Penso que ter un equipo na provincia de Lugo como é o Pescados Rubén, que está facendo moi ben as cousas desde hai moitísimos anos, sobre todo cunha estrutura moi profesional, tanto de xogadoras como en estrutura de clube. Todo isto, co paso do tempo, dá lugar a éxitos deportivos, sociais e de integración e igualdade. Neste sentido, ter unhas referencias como Burela, Amarelle, Ourense e outras máis, é moi importante para todas esas nenas que practiquen fútbol sala de base, ven como a especialidade que practican no seu lugar de residencia teñen equipos na máxima categoría.

onde temos o peso pesado é no fútbol sala feminino. Na primeira categoría temos cinco equipos e sete equipos na segunda categoría

-Que pasos sociais se deron para que as nenas deran ese paso e xogaran en equipos de fútbol sala?

Penso que foi un labor de todos. Dalgunha maneira temos que seguir traballando na igualdade, non só no deporte senón que dentro da sociedade sexa algo natural. Todos temos que ir da man, Federación, directivas, técnicos e deportistas en xeral para que o deporte feminino non sexa unicamente equilibrio e igualdade, demostrando que o deporte feminino está aí, cada vez con máis practicantes. Por que? Porque todos cremos que ese é o obxectivo final e debemos seguir avanzando. Hai vinte anos a realidade era diferente. Temos que pensar: dentro de dez anos debe ser diferente. Neste caso cara arriba, crecendo e mantendo eses niveis dentro dos e das deportistas e sobre todo demostrar que o deporte feminino pode chegar a niveis tan altos como até o de agora fixo o masculino.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...