InicioDeportesPresentada unha guía sobre o surf coa participación do presidente da Deputación...

Presentada unha guía sobre o surf coa participación do presidente da Deputación e a alcaldesa de Viveiro

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, sinalou que A Mariña "é un referente na práctica do surf, unha actividade deportiva que xera un modelo de lecer moi positivo".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou, xunto á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a colaboración da institución provincial coa guía ‘Surferos. Historias, curiosidades e información útil para tu día a día en el surf’, unha publicación elaborada polo lucense Ignacio Fernández que promociona A Mariña como destino para a práctica deste deporte.

Tal e como dixo José Tomé, A Mariña “é un referente na práctica do surf, unha actividade deportiva que xera un modelo de lecer moi positivo e cun retorno económico importante”. Trátase, engadiu, dun deporte “para todas as idades”, que “está a crecer dunha maneira moi importante en Galicia” e que xera un tipo de turismo que “crea comunidade, fomenta a convivencia intergeneracional e favorece que os nenos fagan deporte en contacto coa natureza, entendéndoa e respectándoa”.

Trátase dunha guía interactiva, pensada para lectores que manexan as novas tecnoloxías, porque nas diferentes páxinas inclúe códigos QR que, lidos co móbil, amplían a información. O seu autor, Ignacio Fernández, é un surfeiro mariñao que foi pioneiro na práctica deste deporte na costa lucense e un dos impulsores da Mariña como destino para a práctica do surf.

O presidente enmarcou o apoio da Deputación a esta guía “no compromiso” da institución con Viveiro e “co conxunto da comarca da Mariña, non só nas reivindicacións en materia industrial, para a recuperación de servizos públicos como a sanidade ou para que se cumpran débedas históricas en canto a infraestruturas, senón en todas as iniciativas que serven para impulsar á Mariña como destino de lecer ou turismo, que é un dos motores económicos importantes da costa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...