-En que consistiu este campionato de 3H Resistencia?
O campionato consistiu nunha proba por relevos, por parellas, distribuíndose como un crea oportuno. Neste caso, eu e o meu compañeiro Anxo, dividímonos facendo unha volta cada un. Consistía en facer unha hora e media correndo en bici facendo tantas voltas como che fose posible. Basicamente é iso, facer o maior número de voltas distribuídas en hora e media cos teus compañeiros.
-Como era o circuíto?
Tiña unha subida de inicio moi longa, logo viña unha baixada, logo un tramo chan e logo había outro tramo cun río e de aí até a meta.
-Cantos anos levas practicando 3H?
Este foi o meu debut, a miña primeira carreira. Estas carreirs celébranse a partir de cadetes, por iso comecei este ano.
-Como te preparaches para esta competición? Levabas moito tempo adestrando?
Levo adestrando desde hai dous meses, cando finalizou a tempada de ciclocross, outra modalidade na que participo. En concreto, para esta competición en Lousame fixemos adestramento durante semanas, primeiro preparación de fondo con varios quilómetros e varias horas. Tamén adestramos para outra modalidade que é a BTT XTO. Esa foi a preparación, facer quilómetros e horas na bicicleta.
-Desde que idade levas preparándote para esta modalidade?
En plan competición levo un ano coa preparación, mais coa bicicleta levo xa hai moito tempo.
-O teu compañeiro, Anxo, fixo o mesmo labor que ti?
Si, practicamente o mesmo. Estamos moi compensados en canto nivel e por tanto o seu labor foi imprescindible para a victoria nesta carreira.
-Cal é a próxima competición onde vas participar?
Será unha competición en Portugal aínda que non será na mesma modalidade. Esperamos estar entre os cinco primeiros ou senón, facer un top 10. Mais o obxectivo é sempre o podio. É outra modalidade chamada XTO. Como a tempada de 3 horas en Galicia acabou, comezo outra en que segue sendo monte.
-Até que idade che gustaría estar competindo?
A miña formación xira arredor do ciclismo, e aínda que non se poda vivir da bicicleta, espero estar competindo até que mo permita corpo.
-Practicas algún outro deporte de competición?
De competición non, mais como afeccionado si practico outros.