Adrián Ben, campión de Europa dos 800 metros

O viveirense fixo unha carreira moi intelixente.


Adrián Ben xa é campión de Europa nos 800 metros. O de Viveiro fixo unha carreira moi intelixente. Deicidiu non saír nas primeiras posicións e ser conservador. Unha estratexia que, finalmente, resultou exitosa.

E é que a falta dos 400 metros para chegar á meta, Ben deu un estirón e pasou da sexta posición a poñerse de segundo, detrás do frances. Nos últimos 50 metros un deu un último estirón que o puxo no ouro nunha final tan, tan igualada que foi necesaria a foto finish.

Tras uns momentos de tensión no que todos miraban a pantalla, a foto deu vencedor ao de Viveiro que se axeonllou na pista e comezou a chorar. Ben é o primeiro atleta en acadar unha medalla de ouro no Campionato Europeo de Pista Cuberta de Estambul.

“É o meu gran soño ter unha medalla en Europa e, ser campeón, é un soño”, dixo. “Non me quixen poñer nervioso como me pasara en Munich. Agardei ata a mediados da carreira para acelerar, empurraronme pero déronme forza e, ao final, acadeino”, dixo en declaracións á TVE.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here