O Burela FS empata na pista do Barça B e acaba invicto a primeira volta

O equipo burelés encaixou o 2-2 no minuto 39 e despois de desaproveitar varias ocasións

O burelés Pitero tenta roubar o balón a Khalid, do Barça B. AXM

O Pescados Rubén Burela FS rematou invicto a primeira volta da Segunda División despois de rabuñar un punto na pista do Barcelona B (2-2).

O empate deixa un sabor agridoce, dado que os bureleses encaixaron o 2-2 a falta dun minuto para o final despois dunha segunda metade na que tiveron ocasións para sentenciar o encontro.

Pope adiantou aos bureleses no minuto 8 e Juan José deu a réplica no 11. Antes do descanso, Renato puxo de novo en vantaxe ao cadro mariñao, que gozou de oportunidades para liquidar o encontro.

A falta de dous minutos para o final do partido, o filial do Barça apostou polo xogo de cinco, que lle deu resultado a pouco do desenlace. Juan José anotou o seu segundo tanto da tarde e acadou o empate.

Con todo, o balance da primeira parte da competición é dificilmente mellorable. Os discípulos de Juanma Marrube suman 35 puntos, dous máis ca o Manzanares e tres máis ca o Betis, que ten un partido menos, o que xoga arestora na pista do Gran Canaria.

VINDEIRA XORNADA

O equipo burelés vaise de vacacións cos deberes feitos. Volverá á competición o 12 de xaneiro na pista do Gran Canaria, nunha xornada que pode ser importante, pois enfrontaranse Betis e Mengíbar e Barça B e Manzanares.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here