InicioOrientalRibadeoRibadeo tramita un convenio coa Deputación para a área de deportes por...

Ribadeo tramita un convenio coa Deputación para a área de deportes por valor de 59.000 euros

O concelleiro Jorge Díaz, apunta que "é un convenio que abrangue diferentes actuacións tanto de mellora como de obra en diferentes localizacións tanto na vila como nas parroquias”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo ven de tramitar un convenio coa Área de Deportes da Deputación de Lugo por importe de 59.000 euros. O concelleiro Jorge Díaz dixo que contempla actuacións tanto na vila como nas parroquias.

O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo ven de tramitar un convenio coa Área de Deportes da Deputación. O seu orzamento é de 59.000 euros. É un convenio que abrangue diferentes actuacións tanto de mellora como de obra en diferentes localizacións tanto na vila como nas parroquias”.

Díaz Freije indicou que “contempla unha actuación no parque biosaudable que temos en Ribadeo, será o arranxo total ou parcial de todos os aparatos e incluso o chan. Tamén o parque biosaudable das Anzas. En Couxela o aumento da pista deportiva. En Covelas arranxo de vairas cousas na pista deportiva. En Cinxe un valado protector para o parque infantil, tamén con algunha mellora nos seus aparatos. E en Rinlo unhas canastras e unhas porterías para esa área”.

O concelleiro de Deportes subliñou que “é un conxunto importante de actuacións ás que se destina unha partida importante. Son 59.000 euros”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...