InicioOrientalRibadeoCase 50 equipos participarán no XVIII Torneo Fútbol Alevín e Miniprebenxamín da...

Case 50 equipos participarán no XVIII Torneo Fútbol Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Preto de 50 equipos participarán no XVIII Torneo de Fútbol Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo, que se celebrará os días 17 e 18 de xuño.

44 equipos procedentes de Galicia, Asturias e Cantabria disputarán o torneo alevín e 5 equipos de Asturias e Galicia o miniprebenxamín. Desde a organización subliñan que “das 18 edicións que levamos é o ano no que se dan cita máis clubs de alevíns”.

Os partidos xogaranse no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz.

No acto de presentación participaron o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, o presidente da SD Ribadeo, Valentín Coto; o xefe de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero; a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado; o técnico de Deportes, Iván López; a deputada responsable da Área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire; o xerente de Acisa, Jesús Pérez; e o coordinador deportivo da SD Ribadeo, Donato.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...