InicioOrientalRibadeoCampus de Ximnasia Rítmica en Ribadeo do 10 ao 15 de xullo

Campus de Ximnasia Rítmica en Ribadeo do 10 ao 15 de xullo

Os adestramentos e formación estarán a cargo de tres ximnastas búlgaras campioas en Tokio 2020.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acolle desde onte e ata o 15 de xullo un campus de ximnasia rítmica impartido por tres búlgaras que se proclamaron campioas olímpicas en Tokio 2020.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: “estamos moi contentos de que se imparta este campus en Ribadeo. É algo extraordinario para o noso pobo que campioas de ximnasia rítmica e deportistas de elite se fixen en Ribadeo para ensinarlles ás nosas nenas todo o que elas saben”.

O edil ribadense explicou que “é un campus impartido por tres rapazas búlgaras, que se proclamaron campioas olímpicas en Tokio 2020. E só pasan por Ribadeo e por Zaragoza. A cita comezou onte e rematará o 15 de xullo”.

Silvent tivo palabras de agradecemento para os clubs organizadores deste campus: “queremos tamén dar as grazas as clubs Quicela e Porta Norte por facer realidade este campus e queremos amosarlles o apoio da Concellería de Deportes de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...