InicioOrientalRibadeoO Ribadeo FC recibe os agradecementos do Concello pola xestión do 'Trofeo...

O Ribadeo FC recibe os agradecementos do Concello pola xestión do ‘Trofeo Emma Cuervo’

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, agradeceu o traballo da directiva do Ribadeo FC, que logrou reunir a máis de 1.000 persoas no Trofeo Emma Cuervo. E anima a asistir mañá, sábado, ao partido que disputarán no Pepe Barrera o Pontevedra e o Racing Villalbés.

O edil ribadense manifestou: “queremos agradecer tanto a Pedro Posada, presidente do Ribadeo FC, e a toda a súa directiva polo gran traballo feito, xa que conseguiron reunir a máis de 1.000 persoas nas bancadas do Pepe Barrera para asistir ao Trofeo Emma Cuervo”.

Silvent lembrou que “o fútbol non se detén aquí no noso estadio municipal senón que este sábado ás 19 horas terá lugar o encontro entre o Pontevedra e o Racing Villalbés no que se enfrontarán para pelexar polo terceiro Trofeo Centenario”. E animou a asistir ao devandito partido: “non esquezas asistir ao noso Pepe Barrera”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...