O peche do Pescados Rubén Burela FS Néstor Valle, “Nito“, foi convocado de novo coa selección española.
A promesa do conxunto laranxa entrou na lista do combinado español sub-19 para unha concentración prevista entre o 13 e o 17 de xaneiro.
A selección española xogará dous compromisos amigables contra Serbia na cidade de Gornji Milanovac, os días 15 e 16.
O seleccionador, Albert Canillas, chamou aos seguintes xogadores:
Como porteiros, Adrián Pereira Oliveros (Sala 10 Zaragoza) e Jesús Álvaro Recio Lara (AD Alcorcón FS). No posto de peche, Antonio Pérez Ortega (Jaén FS) e Nito, ademais de Ricardo Mayor Gonzálvez (El Pozo Murcia).
Nas ás, Cristian Molina Pardo (Ciudad de Móstoles), Ignacio Torres Salazar (El Pozo Murcia), Alberto Miras Neira (Santiago Futsal), Alejandro Cerón Albert e David Peña Romero (FC Barcelona) e Adrián Rivera González (Leganés FS).
Os pivotes da expedición española serán Manuel Cebrián Romero (Las Rozas Boadilla), Adrián Rodríguez Mosteirín (Santiago Futsal) e Bernat Povill Cerdeira (FC Barcelona).
PEQUE, TAMÉN COA “VERMELLA”
A á-pivote do Pescados Rubén FSF Patricia González Mota, “Peque“, formará parte da selección española que se medirá a Portugal os días 8 e 9 en Tenerife.
A súa compañeira de equipo Jenny defenderá a camisola do combinado luso nos dous amigables.