Nito, convocado de novo coa selección española sub-19

O peche entra na listaxe do combinado vermello para dous amigables en Serbia o 15 e o 16

Nito, co número 3, nun partido coa selección española sub-19 de fútbol sala. PESCADOS RUBÉN BURELA

O peche do Pescados Rubén Burela FS Néstor Valle, “Nito“, foi convocado de novo coa selección española.

A promesa do conxunto laranxa entrou na lista do combinado español sub-19 para unha concentración prevista entre o 13 e o 17 de xaneiro.

A selección española xogará dous compromisos amigables contra Serbia na cidade de Gornji Milanovac, os días 15 e 16.

O seleccionador, Albert Canillas, chamou aos seguintes xogadores:

Como porteiros, Adrián Pereira Oliveros (Sala 10 Zaragoza) e Jesús Álvaro Recio Lara (AD Alcorcón FS). No posto de peche, Antonio Pérez Ortega (Jaén FS) e Nito, ademais de Ricardo Mayor Gonzálvez (El Pozo Murcia).

Nas ás, Cristian Molina Pardo (Ciudad de Móstoles), Ignacio Torres Salazar (El Pozo Murcia), Alberto Miras Neira (Santiago Futsal), Alejandro Cerón Albert e David Peña Romero (FC Barcelona) e Adrián Rivera González (Leganés FS). 

Os pivotes da expedición española serán Manuel Cebrián Romero (Las Rozas Boadilla), Adrián Rodríguez Mosteirín (Santiago Futsal) e Bernat Povill Cerdeira (FC Barcelona).

PEQUE, TAMÉN COA “VERMELLA”

A á-pivote do Pescados Rubén FSF Patricia González Mota, “Peque“, formará parte da selección española que se medirá a Portugal os días 8 e 9 en Tenerife.

A súa compañeira de equipo Jenny defenderá a camisola do combinado luso nos dous amigables. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here