InicioDeportesO surf mundial cítase no Illa Pancha Challenge, que lucirá A Mariña...

O surf mundial cítase no Illa Pancha Challenge, que lucirá A Mariña en streaming

Vintecatro deportistas surfearán o 'Panchorro', unha onda de 20 metros, nunha competición que se retransmitirá a preto de 150.000 persoas

Publicada o

- Advertisement -

Vintecatro surfistas, os mellores do mundo na especialidade de ondas xigantes, citaranse no Illa Pancha Challenge, a primeira competición deste tipo a nivel español e a terceira do planeta.

Entre eles están Grant Twig Baker, campión do mundo sobre ondas xigantes, ou Andrew Cottom, actual número un da modalidade, ou Rodrigo Koxa, record Guiness tras surfear unha onda de máis de 24 metros en Nazaré, Portugal

PERÍODO DE AGARDA

O período de espera para a celebración do evento, simbolizado coa luz verde do Faro, comezou o 1 de xaneiro e estenderase ata finais de marzo.

Durante estes meses, os máis propicios polas condicións climatolóxicas, monitorizaranse as borrascas que se acheguen á costa. Tres días antes de que o fenómeno meteorolóxico toque terra, o alumeado cambiará á cor vermella e comezarán os preparativos para a celebración do evento.

á espera do clima idóneo, buscarase unha data de celebración de xaneiro a marzo

As ondas mínimas para que o campionato se leve a cabo son de sete metros, aínda que se espera que o ‘Panchorro‘, como se coñece ao rizo que se produce fronte a Illa Pancha, oscile entre os 15 e os 20 metros.

A proximidade da onda unha parede infinita de auga coa costa, propiciada polas particularidades do fondo da illa, favorece a espectacularidade do evento.

Presentación do evento. AXM

ECOLOXISMO

A zona na que se celebrará o evento conta con numerosas proteccións medioambientais: está incluída na Rede Natura 2000 e forma parte de rutas de migración de aves.

Por iso, a organización aspira a ter “un impacto ambiental cero” e a dar a coñecer este enclave natural único.

a organización espera que o evento traia a ribadeo a 7.000 persoas

RETRANSMISIÓN EN DIRECTO

Os organizadores do evento, Óscar García e Eric Ribiere, agardan que se acheguen á Mariña Lucense “unhas 7.000 persoas” para desfrutar do mellor surf, e esperan acadar “máis de 150.000 visitas” na web que retransmitirá en directo a través de streaming a proba deportiva.

O presidente da Deputación, Darío Campos, cre que se trata “dun escaparate único que servirá para dar a coñecer A Mariña máis alá das fronteiras do país. A provincia de Lugo será a capital mundial do surf”, asegura.

ENCLAVE SURFÍSTICO

Neste senso, Campos reivindicou A Mariña como bisbarra idónea para a práctica do surf, “con ata 20 puntos e 100 quilómetros de costa”.

ACHEGA

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e o patrocinado, Jaime Perozo, participaron na presentación do evento, á que a Deputación achega 12.000 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...